XA TEDES AS NOVAS PROGRAMACIÓNS DOS CURSOS LOMCE. APARECEN A PRIMEIRA E SEGUNDA AVALIACIÓNS, ASI COMO OS PROGRAMAS DE RECUPERACIÓN POR AVALIACIÓNS. COMO O CÁLCULO DE PORCENTAXES PARA AS CUALIFICACIÓNS PODE SER COMPLICADO E APARECEN TÉRMINOS NOVOS, PREGUNTADE AS DÚBIDAS AO PROFESORADO.
RECORDAMOS, TANTO AOS PAIS COMO AO ALUMNADO, QUE A APLICACIÓN ABALAR PARA MÓVIL É UNHA APLICACIÓN QUE TENTA MELLORAR A COMUNICACIÓN ENTRE PROFESORADO E NAIS/PAIS. POR FAVOR, INFORMÁDEVOS NO CENTRO ACERCA DO SEU USO
26/5/15
As novas programacións están a ser entregadas ao inspector para a súa aprobación. No mes de Xaneiro colgaremos a secuenciación da primeira e segunda avaliacións e os criterios de avaliación e recuperación para aqueles alumnos que suspenderan a primeira avaliación. Paciencia, este ano é un ano de cambios e o que intentamos todos e facer ben estas novas programacións. Repetimos que se tedes algunha dúbida, a consultedes ao profesorado. Grazas
NOVAS PROGRAMACIÓNS LOMCE 15-16
As programacións de 1º e 3º ESO e 1º Bacharelato deben ser elaboradas ao longo deste curso, unha vez aprobada a entrada en vigor da LOMCE. En breve colgaremos nesta páxina a Secuenciación e Temporalización do primeiro trimestre e os Instrumentos e Criterios de avaluación provisionais para a primeira metade do curso.
Para o resto dos cursos as programacións están colocadas nesta páxina web e tamén nas diferentes aulas de grupo.
Se tedes dúbidas, consultade ao profesorado
AVISO ACERCA DO EXAME DE SETEMBRO PARA ALUMNOS COA MATERIA PENDENTE
CURSO 2014-15
Non esquezades que aqueles que non teñades aprobada a proba de Xuño poderedes presentarvos novamente en Setembro. Soamente tedes que traer o libro de texto e unhas poucas gañas de aprobar a materia. Os materiais que aparecen cargados no enlace serven para visualizar o tipo de preguntas e actividades que atoparedes o día do exame. Non é necesario presentalas resoltas, pero seguro que se as ides facendo os será máis doado aprobar o exame de Setembro. Por favor, non esquezades esta oportunidade de superar a materia: é o voso futuro e tentamos facilitarvos as cousas o máis posible. Para ver e descargar os materiais, clikade aquí
No marco da invasión francesa de 1808, Galicia tamén creou Xuntas para opoñerse ó invasor. A Xunta Suprema e Gubernativa do Reino de Galicia asume o poder central, tanto civil como militar, e ha ser obedecida polas Xuntas locais.
En xaneiro de 1809, as tropas francesas entran en Galicia. A resistencia incial foi escasa de xeito que o invasor ocupou Galicia en menos de un mes. Unha das batallas importantes foi a de Elviña (Coruña): o exército inglés en retirada debía embarcar cara ó seu país, pero o mal tempo impediu a operación e houbo de enfrontarse ós franceses. O intento de resistir o ataque francés foi un fracaso.
En Viveiro déronse dous feitos de interese:
- en xaneiro de 1809, tropas francesas de cabalería ó mando do comandante Marssan ocupan a vila, a primeiros do mes seguintes, súmanse 400 soldados de infantería. Quedan acantonados no convento de San Francisco, onde fixeron grandes destrozos. Inmediatamente, veciños doutras parroquias circundantes reúnense na feira de Galdo para atacar ás tropas da vila. O ataque prodúcese o día 8 , día previsto para o xuramento de fidelidade a Xosé Bonaparte, partindo do barrio do Cristo dos Malates. Derrotan ós dragóns franceses -a infantería partira xa antes- que fuxen (8 foron mortos e 48 presos nunha balandra anclada no porto de Celeiro).
Pero a represalia francesa non se fixo esperar: en febreiro, tropas procedentes de Ferrol e Mondoñedo ocupan de novo a vila de Viveiro que foi sometida a saqueo de tres días e sete horas.
- o naufraxio do bergantín Palomo e da fragata Magdalena na praia de Covas o día 2 de novembro de 1810 nas praias de Covas e de Sacido. Sobre este suceso versa a exposición organizada polo Concello no Conservatorio. Unha escuadra anglo-española partiu da Coruña en outubro có obxetivo de tomar Santoña para crear ali un centro de operacións para todo o Cantábrico. A participación española aestaba fomada pola fragata Magdalena, o bergantín Palomo, dúas goletas, catro canoneiras e outros barcos de transporte.
Maqueta da Fragata Magadalena no Museo Naval de Ferrol Foi construída nos arsenais de Ferrol a finais do século XVII. Artillada con 42 canóns Estivo destinada ó corso antes de incorporarse á Escadra Cántabra
Información de codaste.blogspot.com
Tras do desembarco e ocupación de Xixón, arriban a Santoña cun temporal que causa desperfectos e afunde algúns barcos. A reacción francesa forza á flota a poñer rumbo oeste e buscar refuxio en Viveiro, lugar previamente sinalado como punto de encontro en caso de calquera continxencia. Os primeiros barcos en chegar, a finais de outubro, son a Magdalena e o Palomo xunto con dous transportes, logo irían sumándose outros. O tempo, en principio de bonanza, rola a temporal de noroeste.
Calcúlase que o número de mortos superou os 850, entre xentes da dotación e xentes da tropa embarcada, sendo a maioría soterrados no cemiterio de Covas. Na honra das vítimas, levantouse, no 1934, un monumento conmemorativo na praia de Covas, nos Castelos. Na inscripción reza: A los 550 náufragos del Bergantín Palomo y de la Fragata Magdalena sucumbidos en esta playa el 2 de noviembre de 1810.
Por iniciativa do Departamento de Francés e con colaboración dos de Latín e Xeografía e Historia, realizamos no pasado mes de marzo unha viaxe a París, que para todos resultou ben grata. Arriba, tes unha serie de detalles ¿eres capaz de recoñecer a onde pertencen?. Pica sobre elas para facelas grandes. Para gardar memoria dos lugares vistados grazas ás boas camiñatas, queda este arquivo cunha selección de fotografías.