IES MARÍA SARMIENTO. VIVEIRO-LUGO

Departamento de Xeografía e Historia

26/5/15

As novas programacións están a ser entregadas ao inspector para a súa aprobación. No mes de Xaneiro colgaremos a secuenciación da primeira e segunda avaliacións e os criterios de avaliación e recuperación para aqueles alumnos que suspenderan a primeira avaliación. Paciencia, este ano é un ano de cambios e o que intentamos todos e facer ben estas novas programacións. Repetimos que se tedes algunha dúbida, a consultedes ao profesorado. Grazas
 
 
 
NOVAS PROGRAMACIÓNS LOMCE 15-16

     As programacións de 1º e 3º ESO e 1º Bacharelato deben ser elaboradas ao longo deste curso, unha vez aprobada a entrada en vigor da LOMCE. En breve colgaremos nesta páxina a Secuenciación e Temporalización do primeiro trimestre e os Instrumentos e Criterios de avaluación provisionais para a primeira metade do curso. 
    Para o resto dos cursos as programacións están colocadas nesta páxina web e tamén nas diferentes aulas de grupo. 
     Se tedes dúbidas, consultade ao profesorado


AVISO ACERCA DO EXAME DE SETEMBRO PARA ALUMNOS COA MATERIA PENDENTE 
CURSO 2014-15
 
         Non esquezades que aqueles que non teñades aprobada a proba de Xuño poderedes presentarvos novamente en Setembro. Soamente tedes que traer o libro de texto e unhas poucas gañas de aprobar a materia. Os materiais que aparecen cargados no enlace serven para visualizar o tipo de preguntas e actividades que atoparedes o día do exame. Non é necesario presentalas resoltas, pero seguro que se as ides facendo os será máis doado aprobar o exame de Setembro. Por favor, non esquezades esta oportunidade de superar a materia: é o voso futuro e tentamos facilitarvos as cousas o máis posible. Para ver e descargar os materiais, clikade aquí